SAÚDO DA DIRECTORA

Fai uns cantos anos iniciamos esta páxina Web cun saúdo. Era unha nova andaina á que nos invitaban as novas tecnoloxías. Un reto ao que respondemos e no que seguimos, ampliando o noso dominio.

Ese primeiro saúdo correspondía á Directora naquel momento: M. María.

Hoxe tócame a min volver saudar a todos os visitantes da nosa páxina. Desde aquí aproveito a ocasión para dar oficialidade ao meu nomeamento como nova Directora do noso querido Colexio.

Todos os cargos teñen cargas e son consciente diso. Pero conto cun magnífico persoal colaborador que me axudará a levar a bo termo a tarefa emprendida.
Desde aquí quero facer mención especial e dar as grazas ao profesorado, persoal de administración e servizos, Ampa, e outras persoas anónimas que contribúen positivamente para que todo funcione.

Seguimos  tendo como obxectivo educar desde os valores evangélicos, inculcando aos nosos alumnos actitudes de liberdade, solidariedade e convivencia pacífica. Os nosos esforzos van orientados a facer deles persoas íntegras, honradas e veraces. Persoas ben formadas e informadas, capaces de seguir dando pasos na súa propia formación e na construción dun mundo mellor para eles e os seus fillos.

Quero que, nesta vella e nova singradura da Educación, contedes coa miña dispoñibilidade, esforzo e proximidade, para, todos xuntos, levar a bo porto o noso Colexio, pasando a testemuña a novas xeracións.

Ferrol, Decembro de 2007

Mª Sagrario Caamaño Fernández, Directora.