INAUGURACIÓN DA PÁXINA WEB |
Abrímolo hoxe, día dos Dereitos Humanos, tamén día de Acción Liberadora, que é un día especial para toda a Familia Mercedaria. Facémolo coa alegría e a ilusión de que sexa un novo medio de transmisión dos valores que fundamentan o nosa labor educativa mercedaria: TRABALLO RESPONSABLE, RESPECTO, SOLIDARIEDADE, XUSTIZA, PAZ, LIBERDADE, FELICIDADE. O noso inicio é como o dunha pequena semente que esperamos xermine, creza e desenvólvase. Sabemos que é tarefa de grupo, non de individualidades, por iso esperamos colaboración. Somos conscientes de que aínda que isto é novo, púidose facer realidade grazas aos esforzos de quen nos precederon, e co seu esforzo e dedicación legáronnos a ilusión de transmitir os valores evangélicos cos medios adecuados a cada momento. Grazas tamén aos que hoxe, na tarefa do día a día, contribúen a que isto sexa posible. Empezamos coa colaboración desinteresada de moitos e de modo especial coa de M.A.G., que foi configurando este portal. Un saúdo a todos os visitantes, de forma especial ás alumnas e alumnos do Centro, ás súas familias e a cantos pasaron por este Colexio. Ferrol, 10 de Decembro de 2002 María-Dorita López Paz, Directora. |