BREVE HISTORIA DO COLEXIO |
O seu punto de partida foi modesto, dado que o centro nacía nun área semidespoblada. A matrícula escolar comezou con case 100 nenos/as. Tendo en conta que pertencía ao área rural non estaba mal, mirándoo retrospectivamente. Ademais hai que apuntar que, nas súas orixes, foi mixto; o cal foi un adianto para a época. Alguén profetizou, por aquel entón, que non se podía esperar moito máis, en canto a matrícula refírese. Foi moi mal profeta porque pasou, en moi pouco tempo, a duplicar o alumnado. A poboación escolar procedía, na súa maioría, de familias sinxelas, por iso case un terzo da matrícula era de carácter gratuíto. ... O tempo foi pasando... OUTRO FITO O Centro converteuse en Escola de Maxisterio. Este feito, non só foi beneficioso para o Centro senón tamén para a cidade de Ferrol, dada a pouca ou ningunha posibilidade de acceder a estudos medios ou superiores que había na cidade. O Centro ampliouse. Aquí formáronse a maior parte das mestras da cidade e comarca. Os Colexios de Ferrol se autoabastecían, valla a expresión, destas magníficas mestras. Pero os tempos cambian e a A Escola de Maxisterio deixou de existir... O Colexio continuou con boa traxectoria. Constaba do nivel de Primaria e o antigo Bacharelato ata 4º. Posteriormente implantouse o Bacharelato superior, ata 6º. O Centro foi cambiando cos tempos, adaptándose a novas esixencias. |